🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Xuvia-Neda

2010 128 p. GLG
ISBN: 9788499141015 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
19,72 € 19,72 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentosa ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas aseguramanter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorioimos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblandoun conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneirasnobres de quen miran como as luces do derradeiro tranvía abren paso áollada riba da memoria, sentimental e histórica. Personaxes neboentosxunto a outros tan certos como Marcelino, saíndo do Hispano-Argentinoo verán do gol a Rusia, ou Brigitte Bardot a erguer saudades que sedebruzan no río onde unha cucaña dispón un xamón no seu remate. Mentres hai quen se desfai, literalmente, entre das ponlas das árbores e o neno Fandiño en canto de facer caligrafía prefire escoitar unhahistoria de amor que alá foi no comboio descendente. Un libro que semove entre o real e o pintado, á metade do camiño que vai entre Norma Jean e ese homiño namorado dunha rapaza, suicida que non foi aínda. Un libro que nos fala da froita madura recollida por un autor, agora que é ano hernandino, tan ôperico en lúasö como o seu conto homónimo.