Se rendre au contenu

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, uncapo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo quedomina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempoen que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o podersocial e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procurade restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moipronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosae engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.