Se rendre au contenu

Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio.» Ao final escribiu máis dun. A súa obra, e en concreto a súa poesía, constitúe unha das mostras máis auténticas e dolorosasda literatura galega. Para Lois Pereiro o corpo foi o seu campo de batalla e o argumento dasúa poesía. Envelenado dúas veces, aos 36 anos diagnosticáronlle asida. Marcado xa para a morte decidiu, contra todo prognóstico, seguir vivo para sempre na súa obra e nos soños dos que o seguiron querendo. Lois Pereiro. Vida e obra é a proba de que o conseguiu. Neste volume, o xornalista Iago Martínez aborda a biografía dun autortan admirado como descoñecido, e faino dende a complicidade, cunhaprosa áxil e directa, combinada cun minucioso labor de documentación. As súas páxinas adéntranse, con rigor e sensibilidade, no universopersoal de Lois Pereiro e ofrece claves culturais e literariasfundamentais para interpretar a súa poesía. Lois Pereiro. Vida e obra revela o ser humano que hai detrás do mitocontemporáneo das letras galegas.