Se rendre au contenu

John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o únicoverdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzhéimer, a loita contra ocambio climático. Ningunha empresa ten o monopolio dos números. Ningunha nación ten a soberanía sobre a adenina e a guanina. Ningúnimperio goberna as ondas cuánticas, a astrofísica ou o cálculodiferencial. Hoxe debe haber sitio para todos na celebración docoñecemento, unha verdade que non se pode vender nin mercar ninimpoñer pola forza, nin conter nin evitar. A ciencia é imparable. Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamenteliterarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debatenecesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestiónsnas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para ahumanidade aos que ninguén pode quedar alleo.