Se rendre au contenu

A Veiga é como un tempo distinto

2011 120 p. GLG
ISBN: 9788499142333 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
19,72 € 19,72 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, ovalor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaiade Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto. Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende opunto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade deemigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidadeson temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un pesodecisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundasmudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende onacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismofeminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.