Os megatoxos e a espada esmeralda
ISBN: 9788499142715 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - Megatoxos
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunhacura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, acapacidade de viaxar no espazo e no tempo. Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfaestán a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente osdotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer. Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozosviaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiroonde nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberánaguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos se mesturan nunha situación que porá a proba asúa amizade.