Historias de Oregón
ISBN: 9788499143125 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Diana Maroto, unha moza brasileira de vinte anos, desaparece en Oregón. A policía búscaa sen éxito ata que un equipo de mergulladoresatopa o seu corpo a tres quilómetros da ponte do Bibei, desde ondefora tirada ao río tras ser apuñalada. A súa compañeira, Camelia V. P. encóntrase unha vez ao mes cun construtor no motel Trópico. A doutora Carme M. T. esfórzase por atopar as palabras axeitadas cando Rafael B. D. se presenta na súa casa cun ramo de rosas para expresarlle a súaadmiración. Aurora P. G., unha doante cero positivo, sofre cada noite a violencia do seu home. Os membros da brigada antiinciendiosenfróntanse a esa nube sucia que percorre a ladeira do monte. Eis algunhas das historias que se mesturan nos límites de Oregón, nacidade cero, ese lugar sombrío debuxado pola precariedade e osproxectos truncados pola sorte adversa. Vidas cruzadas de personaxesque viven nas marxes, tramas paralelas que conforman un mosaicoincompleto, aínda que representativo das maiores inxustizas econtradicións das sociedades urbanas do noso tempo. Tras os éxitos rotundos obtidos por Asasinato no Consello Nacional e Dime algo sucio, premio da Semana Negra de Xixón, Diego Ameixeirasconsolídase con Historias de Oregón, co seu característico estilodirecto e conciso, como auténtico mestre do xénero negro máiscontemporáneo.