🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

transmuta

2012 80 p. GLG
ISBN: 9788499143507 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
16,32 € 16,32 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación daposguerra, a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgara propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo aspalabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversascaras da alienación, as do combate, e toman por fin terra. Logo de dez anos inédita, non deixamos de sentir a voz de Xabier Cordal: o brillo e a potencia da súa escrita xa o converteran nun dos nomes máisinfluentes na poesía galega do XXI. Abre transmuta unha porta azul aotempo descoñecido, ao gume da intelixencia. E mostra a posibilidade de sermos libres, mesmo na época máis escura, cando se asume o poder demodificar todo discurso. De virar o corazón á herdanza.