Se rendre au contenu

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase ahistoria dun segredo milenario, que foi gardado xeración trasxeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo. Unha emocionante novela deintriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galiciacastrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde aafastada Palestina. A segunda edición deste libro inclúe un CD coabanda sonora orixinal composta por David Alonso Garzón que foifinalista nos premios Jerry Goldsmith na categoría de libre creación.