🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

As voces baixas

2012 208 p. GLG
ISBN: 9788499144405 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
19,72 € 19,72 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida parachorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos enenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... E a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida ámarxe das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial. En As voces baixas o eu anda á procura do nós. E un libro no que seentrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, oque lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor daexistencia extraordinaria da xente do común. O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz dofaro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, opoboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, aescaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios daimaxinación... Unha xeografía real para un pobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que se alimentan de contos.