🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Estilística da lingua galega

2013 576 p. GLG
ISBN: 9788499144986 Edicións Xerais DIDÁCTICA E LINGUA
29,86 € 29,86 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Xosé Ramón Freixeiro Mato elaborou esta Estilística da lingua galegaco obxectivo de ordenar e sistematizar os valores expresivos do idioma galego, dotándoo así dunha ferramenta de análise da cal outraslinguas próximas xa dispoñen desde hai tempo. A obra, realizadafundamentalmente con base nos textos literarios contemporáneos, contribúe a unha posta en valor do noso patrimoniolingüístico-literario e do labor artístico dos escritores eescritoras, que conseguiron labrar artesanalmente a lingua nacionalpara tiraren dela toda a súa potencialidade expresiva. O arduotraballo de construción da lingua literaria galega a partir dun idioma desprestixiado, abandonado e ruralizado só desde o propio país podeser hoxe recoñecido e reivindicado. Esta completa Estilística dalingua galega, cun tratamento pormenorizado e actual dos aspectosgráficos, fonéticos, morfosintácticos, léxico-semánticos e textuais, tórnase aínda nestes momentos oportuna, útil e necesaria, pois éparticularmente nos seus valores expresivos onde se debe alicerzar oprestixio e o futuro do idioma galego, así como a autoestima dos seususuarios e usuarias.