Se rendre au contenu

Bautista Alvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano políticonacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, queconfesa "anda cerca das memorias", un monllo de relatos ambientadosnos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, noconcello ourensán de San Amaro. Acontecementos relevantes daquelacomunidade aldeá dos anos trinta e corenta recuperados do esquecemento con memoria fotográfica e relatados con pulsión inequivocamenteliteraria, non exenta de retranca, intriga e doses de tenrura. Ocadáver dun mozo acoitelado, atopado na Telleira, xusto no lindeiroque separa a parroquia de Eiras da de Las, do que nunca se soubo a súa identidade. A procesión do santo Antonio de Las que tras os primeiros foguetes rematou en delirio colectivo e con san Roque feito unespantallo. Os amores do cabalo Mourego e a mula do Hixinio, quechegaron a compartir a morte. As lembranzas da escola de Andrade, demestres de Falange como don Gabino, na que a mellor disciplina era orecreo e na que todos os días antes de saír pola tarde os alumnostiñan que cantar o Cara al sol e o Oriamendi. A historia de Severo, ofrustrado estudante de medicina polo que degoiraban as mulleres. Ouaqueloutra tan noxenta de Gaudesio, o carniceiro de Figueroa, ovingador de roxos, responsable de tantas mortes e outras atrocidadesàEscritos con vontade literaria, utilizando unha lingua de raízpopular, estes retratos e relatos populares de Bautista Alvarezemparentan con páxinas de Anxel Fole, Castelao e outros autores datradición do mellor relato galego do século XX.