Ámote leo a: destino xalundes
ISBN: 9788499145587 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar osestudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antesde partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontarunha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. Aencrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecermundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro faioídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantesno que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán asprimeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unhaenigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Amote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dosmembros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estase outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que ascousas non sempre son como as soñamos. As veces resultan moitomellores.