Se rendre au contenu

Legado nos ósos

2013 560 p. GLG
ISBN: 9788499145921 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
24,48 € 24,48 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Logo do rotundo éxito de «O gardián invisible», Dolores Redondoofrécenos agora o segundo volume da súa triloxía ambientada no val do Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra. O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques decomezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrásresolvera os crimes do chamado «basajaun», que sementaron de terror oval do Baztán. Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do «basajaun» asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. Desúpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que anoticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: «Tarttalo». Cunha soa palabradestaparase unha trama sobrecolledora que envolve a inspectora até untrepidante e emotivo final.