O único que queda é o amor
ISBN: 9788499146744
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxesdeste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namorane descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz detransformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais taménexperimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amoresrotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amoradolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesariocomo o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é o amor". E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.