Ámote Leo A. Terminal De... Chegadas?
ISBN: 9788499146836 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN
«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite deprimavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polomundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo quecentos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardasasadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobrasda praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esamisteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados doslugares que visita: Amote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesiónde acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidirentón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro queisto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos... Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar ácasa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal de... chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Amote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a mozasolta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas porun mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mileuros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saberunha cousa: regresará Leo algún día?