Se rendre au contenu

Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre avulnerabilidade que padecemos todas as persoas. Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurraladopolo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo,«O ratiño branco», comprende que non nacemos co destino marcado e quea vida ten moito de heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gatonegro», daría algo por ser como Xoán Salvador Gaivota, alguén que seesforza en superarse e acadar a liberdade. Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade de cousas que unteña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos», descubrirá acerteza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun pobopoden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.» Cinco relatos nos que as formas da maldade poñen a proba os mediospacíficos para resistir e superar a violencia e a intolerancia, maisque non chegan a apagar o facho que nos proporciona azos paraerguernos cada día na procura da felicidade.