Se rendre au contenu

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participarondas súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, nanoite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemosmudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historiasfermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas, historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e assúas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Esta "edición de campo" incorpora novos contidos con respecto áanterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edicióne toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, coninteresantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o temponas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes sódispoñibles na web oficial.