🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

O TEMPO E AS ESTACIÓNS

2017 32 p. GLG
ISBN: 9788499952253 BAIA
11,30 € 11,30 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Libros presentados ao xeito dos documentais nos que un animal, que actúa como presentador, descobre e mostra ás nenas e aos nenos o universo apaixonante que nos rodea e períodos que foron conformando a historia da humanidade e, en concreto, de Europa. Todos eles finalizan, como recapitulación do lido e aprendido, cun léxico que recolle os termos e/ou aspectos máis significativos tratados na publicación. O león Leonardo mostra ás nenas e aos nenos o aspecto cambiante do planeta Terra debido ás estacións e ao tempo que provocan e que afecta moi significativamente tanto a vida das persoas como dos animais. Pódese considerar como unha chamada encuberta ao respecto necesario da natureza e da vida nos distintos lugares da nosa sorprendente e marabillosa casa común.