Se rendre au contenu

Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo unrosario de salmos laicos nos que o eros trata de escorrentar a morte e puxar a brazo partido pola vida. Son tan tenaces e apaixonados coma a súa pintura: só trasladan amensaxe das pinceladas ao código escrito. Idénticos e vitais, coherentes. É un mesmo Xabier o que pinta, o que escribe, o quedesexa. E así de híbrido e ardoroso é este Cantar de corpos. Un libro no que o amor se fai pero tamén se come, se preme, se fuma, se soña, secociña, se zarrapica, se debulla... se respira. [...] Porque se algo é quen de exorcizar o mal cando ? sangran asnubes? é a humidade vivificante de dúas linguas que se beixan, porquese algo é capaz de combater ese grito mudo é a forza centrífuga domáis fondo abrazo. Porque só pode ? demorar a estrela onde pace otempo? o amor. Do Limiar, de Yolanda Castaño