Se rendre au contenu

República sideral

2021 GLG
ISBN: 9788499953700 BAIA
6,75 € 6,75 €

Paiement par : Virement VISA
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textospara teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dospersonaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación ámodalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles? con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moilimpo? e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos. Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoasmanipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementospropios da cachaporra ? con mocadas e pelexas sen escrúpulos. No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta: «Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas dediversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender unben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, onoso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar aintroducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinadosfeitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles deexplicar. A comedia de cachaporra ? tan deostada nos nosos tempos? antóllasenos de grande axuda para este cometido. Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra paradesfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano. Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dosprotagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que vanpasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto ? por suposto? deberá de ser unestupendo motor de reflexión».