Se rendre au contenu

A pita xefa

2021 34 p. GLG
ISBN: 9788499953816 Baía Edicións A Coruña. S.L.
14,01 € 14,01 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) O tribunal recoñeceu na obra: ? A temática axústase estritamente ás bases, criticando os roles dexénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra osestereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sencaer en dogmas nin estereotipos. Enmárcase nun mundo animal-natureza co que é doado que se identifiquen as lectoras e lectores aos que vai dirixida, considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro, que ilustra perfectamente as leis querexen o comportamento dos distintos individuos que o forman, piramidal e dominada polo galo. Abre a porta a unha mudanza dos comportamentos estabelecidos dun xeito lúdico sen caer no dirixismo e tratando á rapazada con intelixencia. Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto autilidade da unión e anima a loitar por un obxectivo igualitario. O emprego do galego está moi coidado, presentando estruturas e léxicodo noso, resultando un texto fresco, divertido, con musicalidade, conectado con refráns e bastante retranca. A linguaxe é clara e estáben adaptada a primeiras lectoras e lectores. Trátase, á fin, dun texto rico en imaxes, o que favorecerá o traballode ilustración da obra. Ambos rexistros, texto e imaxe, poderánperfectamente complementarse e dar lugar a un fermoso álbumilustrado?. *** Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto delonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máisimportante: mudar as normas do galiñeiro!