Donas de nós
Anxela Rodriguez Rodriguez
ISBN: 9788499954066
Anxela Rodriguez Rodriguez
Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil2022O xurado valorou na obra: A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literariaao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefactodramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde sevisitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempodando unha ollada claramente identificada e feminista. Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creaciónliteraria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer erecoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para odesenvolvemento persoal.***A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misiónpropia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente paratodos. Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma sequere vivir acatando as condicións de submisión que o convencionalpríncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo. Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.