🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Crónica fotográfica de Vigo 1975-2005

2013 440 p. SPA
ISBN: 9788499145785 XERAIS GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
32,22 € 32,22 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalísticorealizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónicasocial, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun períodotan decisivo como convulso. En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, "Cameselle foi fotógrafo de múltiplesdimensións. Do mar vigués, que tanto amaba, da cidade e canto adefinía, da industria, dos estaleiros, da actividade portuaria, darica dinámica cultural. De grandes acontecementos, de prohomes eanónimos. Vigo, a cidade da que estaba encariñado, está impresa nestas páxinas polas catro bandas e por todas as súas costuras. Repasando oseu traballo apréciase o devir da urbe durante máis dun terzo deséculo. Fillo do tempo que lle tocou vivir, o nome de Cameselle estáligado a un ámbito tan periodístico como lacerante: a gran depresiónda industria e as loitas laborais. Até o punto de que podeconsiderarse o fotógrafo de "Os luns ao sol", a película dareconversión industrial viguesa. As súas fotos resumen o devalar dosestaleiros e outras industrias punteiras e o esforzo dos traballadores para impedir o inevitableö.