Se rendre au contenu

A través do protagonista desta novela, Raskólnikov, o lector tenacceso a unha personalidade obsesiva, atormentada polo remordementoprovocado polo asasinato dunha vella prestamista. Terrible efascinante pregunta sobre o ben e o mal, sobre os límites da liberdade do individuo, esta intensa e absorvente novela ten como escenario un San Petersburgo deformado pola visión do autor: rúas sombrizas, pensións desoladas e figuras fantasmagóricas que nos mergullan nununiverso que se pode aproximar, na imaxinación do lector de hoxe, ápintura ou ao cinema expresionista.