A conxura do sete
ISBN: 9788491519515
O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da investigadora Dalia Maxino, que recibe o insólito encargo de atopar a mítica espada de Santiago, agachada durante séculos, e seica torada en sete anacos a comezos doséculo XIX, para impedir que a roubasen os napoleónicos. Seica aqueren para os fastos do próximo Xacobeo. Aos poucos, o profesor damanda desaparece misteriosamente, e resultará que a valiosa espadainteresa tamén a xentes sen escrúpulos e fins sinistros, mentresasoman os cadáveres. O sarxento da municipal, Franeiras, e o antigogarda civil Poncio, sumaranse ao desafío coa eficacia acostumada. Aotempo que Frank pecha un segredo familiar oculto durante anos, enrédase nunha conxura argallada desde o poder das elites na sombra, mentres a Policía non semella moi conforme coas súas pescudas. Miguel Anxo Fernández confirma a Frank Soutelo como o sabuxo sen parno panorama literario galego.