Os elefantes de Sokurov
ISBN: 9788498656404 GALAXIA Literaria
En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na queos propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia detemas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, acreación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expedienteacadémico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, ondeun descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partirdese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vaiiniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dosseus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, eao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida. A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello conseguevencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperaciónda memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, osdesafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúasnun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxestrazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que ametáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera.