🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Manuel Antonio

2017 304 p. GLG
ISBN: 9788491211884 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Biografía
23,25 € 23,25 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio devida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de quererser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra dorianxeiro. O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco -arebeldía- para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria -o nacionalismo das Irmandades- cando a tradición familiar lle podería reservar un lugarde privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». Easpira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzadointelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais -léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos- que un escritor ambicioso poidapropoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicionalinstalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservaspolo vieiro experimental e innovador. En liberdade