Superdicionario castelan-galego
VV.AA.
ISBN: 9788415166139
VV.AA.
O Dicionario de uso Castelán-Galego constitúe un instrumento paraguiar a aqueles que a diario traballan coa lingua galega. Esta obralexicográfica toma como base para a súa elaboración o Dicionario Castelán-Galego da Real Academia Galega, mais presenta un valorengadido: o incremento de entradas e acepcións ata os 27.000 artigos, a inclusión de 17.000 locucións e 2.500 topónimos, e o seu sometemento a un uso real e intensivo ao longo de cinco anos de intenso traballotradutolóxico con distintos materiais literarios, científicos, educativos e técnicos na nosa editorial. As solucións lingüísticas que achegamos, contrastadas no seu momentoco Termigal, o CORGA, o VOLGA, así como con distintas obraslexicográficas, dan forma a unha ferramenta eminentemente práctica que quere servir de axuda a quen traduce frecuentemente do castelán aogalego, ou ten un maior dominio expresivo en castelán, e quere acadarunha competencia semellante na nosa lingua.