Tres vidas
ISBN: 9788482888958 GALAXIA Clásicos Universais
''Esta novela é ante todo a descuberta dunha nova linguaxe, dun ''tempo'' fantástico do relate que tende a se converter no argumeto mesmo do relato, límite espiritual dunha máxica e inmóbil realidade cotiá''. Así descrebe o escritor Cesare Pavese, o seu tradutor e editor en Italia a obra de Gertrude Stein. A escritora norteámericana é unha das grandes innovadoras da narrativa do século XX e precursora da literatura escrita por mulleres. En Tres vidas achégase á realidade de tres mulleres traballadoras a través dun estilo insistente, un boacvulario voluntariamente limitado e unha dicción envolvente, que reduce ao mínimo a distancia entre autora, personaxes e lectores.