Cabanillas/ Otero Pedrayo
ISBN: 9788484875598 LAIOVENTO (IBD) Ensaio
Cabanillas/ Otero Pedrayo Subtítulo: Na noite estrelecida / Arredor de si Todo o fulgor da época "Nós" fixo posíbel e resoa nassúas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as "sagas" artúricasde Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoracióntextual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre opresente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, enton co seu proxecto político cultural, e deu á luz unha obra prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con raraperfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dásentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade. Conclúe así Laiovento apublicación da viaxe de Manuel Castelao Mexuto pola literatura galegade Novecentos, que comezou co volume dedicado a Os eidos, de Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio, e continuou cosque tiveron por obxecto De catro a catro, de Manoel Antonio, e Oincerto señor don Hamlet, de Cunqueiro. Todos eles compón a serie quedesignamos cun nome inequívoco: "Un modo de ler", pois do que setrata, xustamente, é de reivindicar a literatura como experiencia onde se unen o gozo e a reflexión en feliz e incesante vaivén.