🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Repostería en Galicia

2006 344 p. GLG
ISBN: 9788497824194 XERAIS TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastronomía
30,33 € 30,33 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libroclásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizadonesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experienciana cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde ossabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería dopaís se dá cita nestas páxinas. Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores apercorrer física e bibliograficamente Galicia, aquí está o resultado, un libro esencialmente práctico que se divide en catro partes: unhahistoria da repostería en Galicia, trucos e advertencias, cremas, masas e outros complementos, e un impresionante inventario de 219receitas, acompañadas dun pequeno comentario sobre a orixe, evolucióne características do prato. As rosquillas, as deliciosas canas fritas, o clásico roscón, os melindres, a gorentosa bica, as natillas, osbiscoitos, as chulas, os amendoados, a marmelada, a torta dechicharróns, as orellas, o arroz con leite, o queixo de tetilla, oflan de ovo, as papas de millo...