Se rendre au contenu

O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse porque. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar ascausas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que partedunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografíalingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no mediolingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do noso país. Osseus relatos, radiografados a través de técnicas de análise dodiscurso, sitúannos enteiramente fóra do paradigma oficial do«bilingüismo harmónico». Hai ataques, padecementos, renuncias, resistencias, pequenos triunfos e amargas derrotas onde o que menosabonda é a «cordialidade lingüística» que habitualmente se proclamacomo emblema de Galicia. É dicir, na práctica existe unhaincomprensible oposición a querer facer do galego unha lingua tannormal coma calquera outra.