Se rendre au contenu

Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogosensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garzadános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos, un deles, o propio universo sobre o que a voz dapoeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte. Comoela mesma ten dito, poida que iso sexa a verdadeira poesía: clarificación da idea na conciencia. Un soño, entón, que enche e nosconmove.