Se rendre au contenu

Nus

2021 GLG
ISBN: 9788491218210 XERAIS
21,13 € 21,13 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 7–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diarioas súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: osexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo, a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nosquere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitariapraia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogosdescobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras demillo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea denudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en «Nus» un retrato irónico e irreverente dacontraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través dasaventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.