Se rendre au contenu

Deixádenos remar

2021 GLG
ISBN: 9788491219330 XERAIS
17,83 € 17,83 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles
Si no lo tenemos en tienda, te lo pedimos a nuestro proveedor — entrega en aprox. 7 días hábiles.

A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunhaflamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior daurbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidadepolo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que seconverte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzasveciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e namanifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro enque habitemos. En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todashumildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ouviaxeiras.