Extramunde
ISBN: 9788499143019
Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxealucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, ailla de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e oestreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Indico na procura de mundos afastados, para rematar nunpoboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas. Extramunde, escrita nunha prosa coidada, engaiolante, por veces vertixinosa, supón a culminación dun soño: a negación da diferenza, a procura daliberdade. Dividida en catro seccións, cada unha cun ritmo e cunalento diferenciado, admite varios niveis de lectura, pois é, ao mesmo tempo, novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión. Unhanovela que non vai deixar indiferente a quen se adentre no procelosomar da escrita de Queipo.