Medo político e control social na retagarda franquista
ISBN: 9788499148083 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Medo político e control social na retagarda franquista excede asformulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigacióne proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbitoestrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando unconxunto documental heteroxéneo -sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación...-, a informaciónrecollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló doscárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento paraestudar os aparellos represaliadores -comisións de depuración e deincautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e derepresión da masonería- que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda daspropiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra econtinuado nun sistema composto de distintas formas de persecucióncomplementarias entre si, provocou que o medo e a vontade desobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade quepermeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas dasociedade galega. O medo político e os mecanismos de control socialinherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axentepsicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.