Se rendre au contenu

Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estruturacoral formada por catorce personaxes protagonistas que vanentrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaínaque, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes deluxo até patios de prisión. Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botar todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ouserven de nexo e escusa para trazar este vibrante fresco urbano. Conesta obra, finalista da XL edición do Premio Xerais de Novela, Paco Morgan estréase como autor utilizando os códigos do xénero para trazar a inquietante radiografía dunha sociedade dominada pola cobiza e oindividualismo. «A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfectaque comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obraescrita cunha prosa tan directa e contundente como unha puñada nosbeizos.