Se rendre au contenu

Desde 1940, preto de 9.300 españois pasaron polas instalacións de Mauthausen e doutros campos de concentración do III Reich, deles, máis de douscentos eran galegos, dos que moitos non chegaron a ver afin do conflito. Os superviventes principiaron unha nova e longaetapa no exilio que iniciaran tras o comezo da Guerra Civil, e que, no caso de moitos, non rematou tras a morte do ditador. Este traballo de investigación histórica procura dar luz sobre asorixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias daquelesgalegos que remataron nos campos de exterminio da Alemaña nazi, paraque o seu doloroso transitar non quede no esquecemento, construíndo, ademais, unha base sólida para futuras investigacións, moi necesarias.