Vigo, abella da ribeira
ISBN: 9788411102407 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
«Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigocomo cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foiconformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica ebimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar. Cidade cifra da Galicia contemporánea, na que caben todas as Galicias posibles. Coformato dun libro de esbozos biográficos, estas prosas viguesasrelatan as vidas de persoas de moi diversa procedencia, dendemariñeiros e obreiros a deportistas, médicas, escritoras etaberneiras, que co seu criterio e entusiasmo, mesmo coa achega da súa propia vida, contribuíron na construción do proxecto colectivo dunhacidade estrépito e feroz, de guindastres asombrados, abismo e paraíso. «As crónicas aquí reunidas son un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo. Un noraide palabras onde amarra o corazón da cidadanía viguesa. Un portoseguro. A baía dentro da baía.» Fran P. Lorenzo. «A través de cadatexto de¿«Vigo, abella da ribeira» lemos a cidade, porque neles estáescrito o noso tempo e, polo tanto, este libro constitúe tamén unhanova achega á identidade de Vigo, transformándoa, escribíndoa.» Oriana Méndez.