A arte do bo pescar
Jose Maria Vilar Varela
ISBN: 9788499950426
Jose Maria Vilar Varela
A pesca con cana non é só unha actividade deportiva, que se debeaprender a practicar e a gozar, é case un modo de vida: combates oestrés diario, gañas tranquilidade e saúde co contacto coa natureza-neste caso, o mar e o seu contorno-, logras unha gran satisfaccióncoas capturas realizadas e, finalmente co seu tratamento gastronómico. Estes son, sen dúbida, algúns dos seus moitos alicientes. Esta guía representa, por unha banda, a plasmación dos coñecementosadquiridos polo autor ao longo da súa dilatada experiencia e, poroutra, o seu desexo de transmitirllos aos apenas iniciados nestapráctica e a quen aínda non se deixaron atraer por ela. A guía, na que José María buscou deliberadamente utilizar unhalinguaxe absolutamente didáctica e directa para que cumpra o seuprincipal obxectivo, a divulgación, consta de catro apartados: 1)cebos e engados, 2) artes e técnicas, 3) o mar, os ventos e as mareas, e 4) a pesca das especies máis comúns das nosas costas. A arte do bo pescar, en definitiva, é unha obra que pon en valor estaactividade que forma parte tamén da cultura das nosas vilas e cidadesmariñeiras.