🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Se rendre au contenu

Guía dos Castelos medievais de Galicia

2003 288 p. GLG
ISBN: 9788497820356 Edicións Xerais TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Roteiros
35,94 € 35,94 €

Paiement par : Virement VISA Bancontact
Livraison en 5–10 jours ouvrables Retours sous 14 jours
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Este libro, "Guía dos castelos medievais de Galicia", escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar oscastelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios dopaís e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaídodo medievo galego. Na presente guía propóñese un percorridofotográfico-histórico por aquelas fortalezas medievais galegas das que aínda fican en pé restos significativos ou susceptibeis de serenvisitados, facendo unha somera referencia a aquelas que, aíndadesaparecidas, posúen importancia histórica, engadíndose numerosasreferencias ás murallas das vilas medievais ou ás torres illadas. O presente volume ofrece información práctica que lle indica aoviaxeiro como chegar a cada castelo, onde comer ou onde aloxarse nafin de semana (hoteis, turismo rural, campismo), e agrupa os castelosde cada zona para visitalos por itinerarios. Na provincia da Coruñapropóñense tres vieiros: dende a Torre de Cela ao Castelo de Vimianzao, dende o Castelo de Moeche á Fortaleza da Mota de Ois edende a Torre Figueroa de Abegondo a Torre de Xunqueiras. Na provincia de Lugo propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Parga ao Castelo de Amarante, dende o Castelo de Taboada á Fortaleza de Sarria, dendeo Castelo de Carbedo ao Castelo de Castroverde e dende a Fortaleza de Tovar en Lourenzá á Torre de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Naprovincia de Ourense propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Vilamarín á Torre da Lamela, dende o Castelo de Maceda á Torre de Viana do Bolo, dende a Torre de Torán ao Castelo de Monterrei e dendeo Castelo de Ribadavia á Torre de Milmanda en Celanova. Por último, na provincia de Pontevedra propóñense tres vieiros: dende a Fortaleza de Borraxeiros na Golada á Torre de Barciela en Forcarei, dende as Torres do Oeste ao Castelo de Soutomaior, e dende o Castelo de Monterreal ao Castelo de Sobroso en Mondariz.