Overslaan naar inhoud

Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa enningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dosadultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallode aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alídescubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas."Setestrelo" é un libro de transición entre o mundo irreverente danenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre aprocura da identidade e a dificultade que teñen os adultos paraaceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.