Overslaan naar inhoud

A materialidade das fillas de Lupa

2022
ISBN: 9788411101714
20,14 € 20,14 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles

Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que secentran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, frontea outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen asprotagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradascomo personaxes mulleres activa outros trazos satélites que as dotandun atractivo especial para a arte. A marxinación, a anomalía, a cuantificación do corpo, pero tamén aloita, é dicir, a construción dunha identidade en conflito, abren unespazo para o insólito e permiten un percorrido argumental complexo. Mais tamén nos enfrontan a unha dupla condición ontolóxica: sermuller, como ser personaxe de ficción, é ser algo, un obxecto queemerxe dunha serie de inscricións e que forma parte da realidade, aínda que as inscricións sexan sociais. De feito, a abundancia deprotagonistas femininas que se dedican ao traballo artístico emparella a emerxencia das mulleres e das personaxes, xa que as dúas sonobxectos sociais, non naturais, sen que isto supoña que non teñan amesma dignidade na súa existencia. Deste xeito, desde o punto de vista da ontoloxía da arte e do novo realismo analízanse os tipos deobxectos ficcionais femininos que aparecen na narrativa galega doséculo XXI e as inscricións das que xorden, desde a convicción de queas personaxes, tamén os personaxes, existen.