Etceteramente
ISBN: 9788411102278 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polotrasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística erevolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, adirectora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto codemo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro acatro»... «Etceteramente» é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable... Unha homenaxe ao podercreativo da literatura. Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe , quen le , para que , como , que «Etceteramente» é unartefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuaránoutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outraslectoras e lectores. Mais tamén encarna unha tristura e unhaesperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literaturaen busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dunfogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo... Unfogar de portas abertas.