🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Unha rosa é unha rosa

2023 112 p. GLG
ISBN: 9788411102865 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Teatro
12,45 € 12,45 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

''Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)'' é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica. Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomedia de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.