Overslaan naar inhoud

A ferida imaxinaria

2024 176 p. GLG
ISBN: 9788411104616 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
18,25 € 18,25 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

«A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmásdistanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempopara que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha dasprotagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro estánmergulladas na súa propia escuridade. Un acuario e unha casa decristal, a vida corrente e a vida de artista, a amizade entre persoasdescoñecidas, as identidades duplas e a viaxe como única maneira depermanencia son algúns dos elementos dunha novela que fala da busca de consolo e en cuxas páxinas xorde unha melodía inesperada que dá conta das feridas da existencia. Berta Dávila crea personaxes, situacións e paisaxes nunca antes vistas e, así e todo, absolutamente próximas efamiliares, concibe unha fabulación ateigada de imprevistos, consonancias simbólicas e paralelismos temáticos capaz de producir, coma nos movementos dun ballet, unha sutileza narrativa onde nadacarece de senso, e onde todo flúe para provocar o asombro.