Serenou a néboa
ISBN: 9788411760270 GALAXIA Dombate
Este é o regreso de Manuel Guede a un lugar que é máis ca unha cidadeposible ou o reverso dun espello chamado Ourense. A néboa é acelebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con Contra Serenou, continuada en 2000 con As doce e sereno e que agora conclúe sabendo xa que é nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde ondese axitan os desconcertos e se intenta poñerlle nome ás vidas perdidas entre a ironía e a desolación. Este libro trata sobre a aprendizaxede como vivir derrotado e de como o fracaso forma parte dunha nosaidentidade nacional.