Coímbra
ISBN: 9788411760300 Editorial Galaxia, S.A. Literaria
Ademais dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, Coímbra é un mosaicoonde Xosé de Cea vai construíndo, tesela a tesela, a epopea daemigración galega en Cataluña vivida por un neno. Testemuña dun tempode convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadurafranquista, verá como á transición política se superpoñen outras quecondicionarán a súa educación sentimental, e mesmo a de toda unhasociedade. De a cabalo da Bildungsroman e a novela autorreferencial, De Cea irátirando da memoria, como fillo da diáspora xarnega, para tecer unrelato de iniciación focalizado na desnortada travesía que vai dainfancia á adolescencia. Pólvora, libros, desamor, pornografía, delincuencia... Os lectores e lectoras avanzarán a tropezos e puñadasco autor ata decatarse con el de que, ao final, aquela odiseamigratoria que sacaría a millóns de homes e mulleres da fame e damiseria acabará deixando como herdanza o desarraigamento, o exilio e a condena.